Información e consellos para o Camiño:

Antes de planificar o recorrido e decidir a lista de equipaxe, faite as seguintes preguntas:

  • Canto tempo tes para facer o Camiño.
  • Como vas facer o Camiño: a pé, a cabalo, en bicicleta...
  • En que data do ano vas facer o Camiño.
  • Cal é a túa idade e estado de preparación física.
  • Si tes algunha enfermidade, discapacidade, terceira idade...
  • Equipaxe: esquécete das grandes mochilas. É aconsellable de 3 a 5 kg máximo. No camiño atoparás todo o que precises.
  • Non esquezas: documentación, auga ou bebidas isotónicas, lentes de sol, sombreiro, impermeable, botas moi cómodas, pés arranxados e cana de madeira.
  • Credencial ou diario de ruta.

Requisitos para a peregrinación e Compostela:

Para que sexa considerada unha peregrinación e podas obter a Compostela, é preciso:

  • 100 kilómetros a pé
  • 200 kilómetros a cabalo.
  • 200 kilómetros en bicicleta

Cando xa teñas decidido o punto de partida, debeste acreditar cunha credencial. A credencial é básica para que te acollan nos refuxios e albergues, onde conseguirás os selos das túas paradas.

Podes obtela: nos refuxios, nas asociacións ou cofradías do Camiño de Santiago e tamén nas eirexas.